martes, 21 de septiembre de 2010

Contra a Violencia de Xénero


Co gallo da celebración do día 25 de NOVEMBRO, Día internacional contra a violencia de xénero, a Concellería da Muller do Concello de Tui pon en marcha a 3ª edición do concurso fotográfico, HOME/MULLER 100% + e a actividade lúdico-deportiva, MOZOS E MOZAS FAN EQUIPO.

• CONCURSO FOTOGRAFICO HOME/MULLER 100% +

A temática do concurso quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo. . . e dicir, en todos os ámbitos da vida.

No concurso poderán participar todas as persoas físicas maiores de 18 anos residentes en España, sen importar a súa nacionalidade, e nunha categoría especial, as persoas menores de idade que conten con consentimento expreso dos seus titores Legais.

Para mais información das bases do concurso consulta a web www.conceIIotui.org ou chama ao teléf. 986.603625 (Ext. Servicios Sociais).

• MOZAS E MOZOS FAN EQUIPO

Esta actividade consta dun descenso por un tramo do río Miño, de dificultade medio-baixa. O descenso polo río farase en rafting e as embarcacións serán mixtas. A duración aproximada e dunha hora ou hora e media, tempo ao que hai que engadir dúas horas mais para preparación e traslado ao embarque. Esta actividade ofertarase a todos os institutos do concello.

• TALLERES DE COEDUCACIÓN PARA ESCOLARES


Consurso fotográfico co gallo do día internacional contra a violencia de xénero 3º edición

“RELACIÓN HOME/MULLER 100% POSITIVO”

Participantes , HABERÁ DÚAS CATEGORIAS

MENORES DE IDADE, será necesario contar co consentimento expreso dos seus titores legais tanto para a participación como para o goce dos premios.

MAIORES DE 18 anos residentes en España, sen importar a súa nacionalidade.

Tema

As fotografías deberán adecuarse ao tema e contidos do concurso. O comité organizador do concurso gárdase o dereito de aceptación das obras segundo se adecúen ou non á temática do concurso.

Bases do concurso

lunes, 20 de septiembre de 2010

Grupo de peregrinos de ASPACE con a Concelleira de Servizos Sociais, Patricia Ricón e o Canónigo Administrador Emérito do Cabildo D Ricardo García


Peregrinos de excepción en Tui : padecer parálise cerebral non é impedimento para que un grupo de homes e mulleres de ASPACE (Asociacion Galega de Enfermos con Parálise Cerebral) comenzansen hoxe o Camiño Portugués a Santiago. A concelleira de Servizos Sociais, Patricia Ricón Alonso deulles a benvidaa Tui e os acompañou durante a visita a S. I Catedral onde recibiron de D Ricardo García Fernández, Canónigo Administrador Emérito do Cabildo a Bendición do Dia.

viernes, 10 de septiembre de 2010

Programa Formativo de Alfabetización Informática da Fundación Galicia Emigración

A Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui informa da realización dun Programa Formativo de Alfabetización Informática da Fundación Galicia Emigración
A Fundación Galicia Emigración vai desenvolver un Programa Formativo de ALFABETIZACION INFORMÁTICA, onde participarán un total de 225 emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional.
DESCRICIÓN
Programa Formativo que capacita para o manexo dun ordenador, obtendo e procesando información e utilizando as funcións básicas do procesador de textos WORD XP.
BENEFICIARIOS: Emigrantes retornados e inmigrantes.
DURACION: A duración será de 25 horas lectivas, que desenvolveranse de luns a venres, 5 horas diarias.
CONTIDOS:
-Introducción. O Sistema Operativo. O Software e o Hardware. (4 h.)
-Primeiros pasos co WORD. (3 h.)
-Crear e gardar documentos. (4h.)
-Escribir, editar e dar formatos. (6 h.)
-Traballar con táboas e inserir documentos (4 horas).
-Combinar correspondencia e formularios (4 horas).

Concello de Tui (Concellería de Servicios Sociais)