o Domingo 16 de maio ás 11 horas terá lugar o 3º roteiro poético das Letras Galegas que se centrará na EMOCIÓN DA PEDRA.Está organizado e promovido pola Concellería de Educación e o CRA Mestra Clara Torres. Se convida a cidadanía de Tui a participar. se sairá ás 11 horas dende o Arrabal para seguir polo Piñeiro, praza de Fromista, rúa San Telmo, praza da Misericordia, Catedral,...Recreando a UXÍO NOVONEYRA descubriremos a maxia e a emoción da pedra en Tui para que sempre forme parte dos nosos corazóns. durante o percorrido tentarase descubrir os seguintes enigmas:
- escultura dunha virxe nunha edificación non relixiosa.
- un arco conopial da época xudea nunha edificación non relixiosa.
- dovelas dun arco románico nunha edificación non relixiosa.
- dovelas con cabeza de carneiro na fachada lateral da catedral de Tui.
- realización de un xogo: pasar dun lado a outro dun contraforte da catedral situado na praza da Misericordia sen caer.
- significado do escudo de Tui e data do escudo máis antiguo.
As persoas participantes poderán realizar fotografías durante a andaina e expolas en Santo Domingo.
Teremos poemas do autor homenaxeado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario