jueves, 8 de julio de 2010

Recepción no Concello de nenos saharauís




O Alcalde Feliciano Fernández Rocha e a Concelleira de Educación, Servizos Sociais e Muller Patricia Ricón Alonso, déronlle a benvida ó Concello de Tui a tres nenos e unha nena saharauís no salón de plenos, ademais dun agasallo que consistiu nun paquete de contos. O Alcalde desexoulles unha feliz estancia, e preguntoulles que lles gustaba más de Tui, ó que os nenos contestaron que a piscina municipal. Dende o Concello de Tui felicitamos as catro familias acolledoras, porque sen elas non sería posible esta estancia dos nenos, e facemos extensible a nosa felicitación a coordinadora do proxecto en Tui..

Concellería de Servizos Sociais.




No hay comentarios:

Publicar un comentario