jueves, 24 de marzo de 2011

miércoles, 23 de marzo de 2011

viernes, 18 de marzo de 2011

Presentación de "As Muiñadas 2011"


Onte presentáronse no salón de plenos do Concello de Tui “As Muiñadas 2011”. Trátase dunha semana de auténticas muiñadas no entorno do río Tripes que terán como protagonistas aos escolares tudenses de primaria, unha vez mais participarán todos os centros de primaria do Concello . Mais de 400 nenos e nenas tudenses en horario lectivo farán: senderismo recorrendo a case totalidade dos muiños do tripes, verán funcionar varios muiños que estarán a moer a fariña de millo, despois aprenderán como se preparan as “papas” en directo e por último degustaranas. Actividade organizada pola Asociación de Muiñeiros do río Tripes e subvencionada pola Concellería de Educación. Colaboran os centros escolares de primaria e o Concello de Tui.
Na presentación compareceron ante os medios de comunicación o Alcalde Antonio Fernández Rocha, a Concelleira de Educación Patricia Ricón, e o Presidente da Asociación de Muiñeiros do río Tripes Alberto Romero.

Éxito de "18 Comidas" en el Cinefórum de Tui

La película "18 comidas" de Jorge Coira se ganó el aplauso del numeroso público que acudió a una nueva proyección del Cinefórum de Tui, en el Teatro Municipal. El propio Coira y dos de los actores de reparto entraron en un animado coloquio con el público tras la proyección, que se visualizó también en las aulas del Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres.
La película relata seis historias diferentes y de ficción que se desarrollan a lo largo de un mismo día, durante comidas y cenas. Las escenas, en diferentes ambientes y con distintos personajes, se suceden y entrelazan con sentido y a un ritmo adecuado. Personas del público interpelaron a Coira, especialmente para felicitarle junto a todo el equipo, valorando en primer lugar el montaje que ha hecho posible el resultado final.
Coira habló de esa selección y dijo que el formato es poco convencional. A pesar de tener guión, el diálogo entre los actores era abierto. Incluso, uno de ellos explicó que durante el rodaje llevaban un móvil que podía sonar a cualquiera para que atendiese las indicaciones que sobre la marcha iba dando el director, sugiriendo cambios, expresiones, entre otros.
El Cinefórum de Tui surgió por iniciativa del CRA. Cuenta con un comité ciudadano y apoyo de la Concejalía de Educación y la Diputación.





jueves, 17 de marzo de 2011

Cineforum

Os obxectivos son a promoción do audiovisual galego e especial no rural, e a introducción da poboación en xeral na Cultura do Audiovisual.

Contaremos coa presenza do Director da película, Luis Avilés e o guionista tudense Daniel Domínguez. O finalizar haberá un debate entre o público asistente a proxección no Teatro.

A partir desta proxección todos os segundos mércores de cada mes haberá unha sesión de Cineforum para adultos, e os últimos martes de cada mes unha película de animación para o público infantil que se proxectará no Telecentro e simultaneamente nas aulas do Cra Mestra Clara Torres, no Ceip de Rebordáns e centros culturais interesados das parroquias tudenses, as 18.30 hs da tarde.

A concelleira de Educación, Patricia Ricón anima a toda a población a asistir, pois a entrada e libre e gratuita ata completar aforo.









TUI –VALENÇA CIDADES DA MULLER: 8 de marzo Dia Internacional da Muller


Co gallo do 8 de marzo Dia Internacional da Muller o Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença poñen en marcha unha serie de actividades e actos de forma conxunta coma xa fixeran o ano pasado. O obxectivo é facer á muller protagonista na semana previa a esta data, facendo visible e conscientemente presente a importancia das mulleres na sociedade, na cultura, na arte, na educación,etc.

Tomando como punto de encontro das duas cidades o Consevatorio Profesional de Grao medio de Tui e a Piscina Municipal de Valença, ambos lugares de plena convivencia de ambas cidades, poderase disfrutar das seguinte actividades:
• Concerto do Día Internacional da Muller, que ofrecerán alumnas de ambas cidades, que incluirá canto e poesía. Luns 28 de febreiro ás 20h na sala de audicións do Conservatorio.
• Exposición de Mulleres Artistas de Tui e Valença na Piscina Municipal de Valença, que se inaugurará o día 1 de marzo as 20h. Contarase con actuacions musicais de ambas cidades.
• Xornada de portas abertas na Piscina Municipal de Valença o 5 de marzo.
• Reparto de flores entre as mulleres simultáneamente nas dúas cidades o 7 de marzo

miércoles, 16 de marzo de 2011

Programa Balnearios Diurnos

O programa diúrno de Balnearios, ten por obxecto proporcionar ás persoas a partir de 50 anos, pensionistas, ou con necesidade de respiro familiar, que residan na nosa provincia unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida, ofrecéndolles a oportunidade de ocupar o seu tempo de ocio, a uns prezos reducidos.

O programa consiste en que os beneficiarios do mesmo, poderán pasar cinco tardes ou mañás seguidas ( de Luns a Venres),nos Balnearios e talasos da nosa provincia, establecéndose para o seu desenvolvemento dúas campañas.

Campaña de Primavera -Verán
Campaña de Outono-Inverno.
As quendas de mañá dependerán da disponibilidade dos Balnearios.

Poderán acceder ó programa, todas las persoas que residan na nosa provincia e que reúnan os requisitos que a continuación se relacionan, independentemente de que o Concello de procedencia se adhira ou non.

Persoas a partir de 50 anos.
Os Pensionistas.
Aquelas persoas que mediante un informe da Traballadora Social do concello, se estime conveniente, entendéndose como unha situación de respiro familiar.
No caso de persoas que procedan de asilos ou residencias, os voluntarios acompañantes deberán ser acreditados, mediante informe da traballadora social.
É requisito indispensable, non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía.

No caso de que o número de solicitudes exceda as prazas ofertadas, aplicarase un baremo de selección, que realizará a traballadora Social do concello considerando os seguintes criterios

Ter disfrutado do Programa en anos anteriores.
Nesta variable, tense en consideración a circunstancia de non disfrutar do programa, co obxecto de favorecer o acceso ó mesmo do maior número de personas. Estableceranse as siguientes puntuacións:
Ter participado no programa o ano anterior: 0 Puntos.
Non ter participado…10 puntos.
Edad do Solicitante:
Nesta variable valorarase a idade do solicitante, en coherencia coas políticas de actuación das personas maiores.

A valoración desta variable será de dous puntos, por cada cinco anos que se superen os 50 anos de idade

50 anos. 5 Puntos.
55 anos. 7 Puntos.
60 anos. 9 Puntos.
65 anos. 11 Puntos
70 anos, 13 Puntos.
A partir de 75 anos: 15 puntos.
No caso de solicitudes de parea, los expedientes baremaranse establecendo a media aritmética das súas puntuacións.

Se unha vez valoradas todas as solicitudes existe empate, terase en conta a orde de rexistro de entrada e se persiste o empate efectuarase un sorteo.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Fotocopia do DNI

PRECIO POR PERSONA:

28 €

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

As instancias dos participantes, deberán presentarse nos Registros dos respectivos Concellos ou en Servicios Sociais.