jueves, 17 de marzo de 2011

TUI –VALENÇA CIDADES DA MULLER: 8 de marzo Dia Internacional da Muller


Co gallo do 8 de marzo Dia Internacional da Muller o Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença poñen en marcha unha serie de actividades e actos de forma conxunta coma xa fixeran o ano pasado. O obxectivo é facer á muller protagonista na semana previa a esta data, facendo visible e conscientemente presente a importancia das mulleres na sociedade, na cultura, na arte, na educación,etc.

Tomando como punto de encontro das duas cidades o Consevatorio Profesional de Grao medio de Tui e a Piscina Municipal de Valença, ambos lugares de plena convivencia de ambas cidades, poderase disfrutar das seguinte actividades:
• Concerto do Día Internacional da Muller, que ofrecerán alumnas de ambas cidades, que incluirá canto e poesía. Luns 28 de febreiro ás 20h na sala de audicións do Conservatorio.
• Exposición de Mulleres Artistas de Tui e Valença na Piscina Municipal de Valença, que se inaugurará o día 1 de marzo as 20h. Contarase con actuacions musicais de ambas cidades.
• Xornada de portas abertas na Piscina Municipal de Valença o 5 de marzo.
• Reparto de flores entre as mulleres simultáneamente nas dúas cidades o 7 de marzo

No hay comentarios:

Publicar un comentario