miércoles, 16 de marzo de 2011

Programa Balnearios Diurnos

O programa diúrno de Balnearios, ten por obxecto proporcionar ás persoas a partir de 50 anos, pensionistas, ou con necesidade de respiro familiar, que residan na nosa provincia unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida, ofrecéndolles a oportunidade de ocupar o seu tempo de ocio, a uns prezos reducidos.

O programa consiste en que os beneficiarios do mesmo, poderán pasar cinco tardes ou mañás seguidas ( de Luns a Venres),nos Balnearios e talasos da nosa provincia, establecéndose para o seu desenvolvemento dúas campañas.

Campaña de Primavera -Verán
Campaña de Outono-Inverno.
As quendas de mañá dependerán da disponibilidade dos Balnearios.

Poderán acceder ó programa, todas las persoas que residan na nosa provincia e que reúnan os requisitos que a continuación se relacionan, independentemente de que o Concello de procedencia se adhira ou non.

Persoas a partir de 50 anos.
Os Pensionistas.
Aquelas persoas que mediante un informe da Traballadora Social do concello, se estime conveniente, entendéndose como unha situación de respiro familiar.
No caso de persoas que procedan de asilos ou residencias, os voluntarios acompañantes deberán ser acreditados, mediante informe da traballadora social.
É requisito indispensable, non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía.

No caso de que o número de solicitudes exceda as prazas ofertadas, aplicarase un baremo de selección, que realizará a traballadora Social do concello considerando os seguintes criterios

Ter disfrutado do Programa en anos anteriores.
Nesta variable, tense en consideración a circunstancia de non disfrutar do programa, co obxecto de favorecer o acceso ó mesmo do maior número de personas. Estableceranse as siguientes puntuacións:
Ter participado no programa o ano anterior: 0 Puntos.
Non ter participado…10 puntos.
Edad do Solicitante:
Nesta variable valorarase a idade do solicitante, en coherencia coas políticas de actuación das personas maiores.

A valoración desta variable será de dous puntos, por cada cinco anos que se superen os 50 anos de idade

50 anos. 5 Puntos.
55 anos. 7 Puntos.
60 anos. 9 Puntos.
65 anos. 11 Puntos
70 anos, 13 Puntos.
A partir de 75 anos: 15 puntos.
No caso de solicitudes de parea, los expedientes baremaranse establecendo a media aritmética das súas puntuacións.

Se unha vez valoradas todas as solicitudes existe empate, terase en conta a orde de rexistro de entrada e se persiste o empate efectuarase un sorteo.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Fotocopia do DNI

PRECIO POR PERSONA:

28 €

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

As instancias dos participantes, deberán presentarse nos Registros dos respectivos Concellos ou en Servicios Sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario