miércoles, 16 de marzo de 2011

martes, 30 de noviembre de 2010

Este xoves entrega do premios do Certame Relación Home/Muller 100% positiva


Este xoves, 2 de decembro, ás 19h no Parador Nacional de Turismo “San Telmo” de Tui terá lugar a entrega de premios do Certame Fotográfico “Relación Home/Muller 100% positiva” convocado pola Concellería de Muller.




Este xoves entrega do premios do Certame Relación Home/Muller 100% positiva
Inés Salvado foi a gañadora do Concurso. Segundo foi José Luís Puértolas


A lista de gañadores deuse a coñecer o pasado xoves, 25 de novembro, na inauguración da exposición dos traballos participantes. O primeiro premio foi para Inés Salvado de Santiago de Compostela pola súa fotografía “Man a man”. O segundo premio na categoría de adultos correspondeu a Jose Luís Luque Puértolas, residente en Tui, por “O devalar do tempo” e o terceiro premio foi para a fotografía “Sementando igualdade” da viguesa Mª del Rosario Fernández Cabaleiro.


Na categoría de menores de 18 anos o primeiro premio foi para “Un brindis por toda unha vida” de Ana Fernández Piña e o segundo para “Tuiyo” de María Croques Gontad, ambas de Tui. Xa na categoría de centros escolares o primeiro premio foi para o IES San Paio seguido do CRA Mestra Clara Torres e do CEIP nº2.


A exposición destas fotografías pódese visitar ata este xoves na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.


1º Premio


viernes, 5 de noviembre de 2010

viernes, 29 de octubre de 2010

Xornada técnica de yamaha no conservatorio de música

XORNADA TÉCNICA DE YAMAHA NO CONSERVATORIO DE MÚSICA

O vindeiro día 4 de novembro de 16:30 a 21:30 vaise celebrar unha xornada técnica de Yamaha, a cargo de Emilio Martínez, nas dependencias do Conservatorio.

A programación será a seguinte:
- Charla sobre a fabricación e mantemento de instrumentos de vento metal e madeira
- Taller de axuste básico para instrumentos de vento madeira.

Poderán participar a partir dos 8 anos.

A entrada é gratuíta e o aforo é limitado polo que deberán inscribirse con anterioridade ben por teléfono 986.60.44.04 ou ben na oficina do Conservatorio.

martes, 26 de octubre de 2010

martes, 21 de septiembre de 2010

Contra a Violencia de Xénero


Co gallo da celebración do día 25 de NOVEMBRO, Día internacional contra a violencia de xénero, a Concellería da Muller do Concello de Tui pon en marcha a 3ª edición do concurso fotográfico, HOME/MULLER 100% + e a actividade lúdico-deportiva, MOZOS E MOZAS FAN EQUIPO.

• CONCURSO FOTOGRAFICO HOME/MULLER 100% +

A temática do concurso quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo. . . e dicir, en todos os ámbitos da vida.

No concurso poderán participar todas as persoas físicas maiores de 18 anos residentes en España, sen importar a súa nacionalidade, e nunha categoría especial, as persoas menores de idade que conten con consentimento expreso dos seus titores Legais.

Para mais información das bases do concurso consulta a web www.conceIIotui.org ou chama ao teléf. 986.603625 (Ext. Servicios Sociais).

• MOZAS E MOZOS FAN EQUIPO

Esta actividade consta dun descenso por un tramo do río Miño, de dificultade medio-baixa. O descenso polo río farase en rafting e as embarcacións serán mixtas. A duración aproximada e dunha hora ou hora e media, tempo ao que hai que engadir dúas horas mais para preparación e traslado ao embarque. Esta actividade ofertarase a todos os institutos do concello.

• TALLERES DE COEDUCACIÓN PARA ESCOLARES


Consurso fotográfico co gallo do día internacional contra a violencia de xénero 3º edición

“RELACIÓN HOME/MULLER 100% POSITIVO”

Participantes , HABERÁ DÚAS CATEGORIAS

MENORES DE IDADE, será necesario contar co consentimento expreso dos seus titores legais tanto para a participación como para o goce dos premios.

MAIORES DE 18 anos residentes en España, sen importar a súa nacionalidade.

Tema

As fotografías deberán adecuarse ao tema e contidos do concurso. O comité organizador do concurso gárdase o dereito de aceptación das obras segundo se adecúen ou non á temática do concurso.

Bases do concurso