domingo, 30 de mayo de 2010

Segundo roteiro poético Letras Galegas 2010


Os días 5, 6 e 7 de maio celebrouse o segundo roteiro poético polos muíños do Río Tripes. Organizado pola Concellería de Educación. Roteiro de auga, de sons e de recuperación das tradicións. A Asociación de muiñeiros do Tripes fixeron posible a degustación de papas de millo e a posta en funcionamento do muíño da Devesa do Medio. Os centros de educación infantil, de educación primaria do concello e as persoas asistentes resolveron os seguintes enigmas:


  • Localización do muíño máis grande
  • ¿Cal é o motivo de que un muíño teña dúas bocas?
  • ¿Qué é a maquía?
  • Partes dun muíño
  • ¿Qué fai mover as pezas do muíño?
  • Ingredientes das papas de millo

Ao remate da andaina recreáronse poemas de Uxío Novoneyra coas melodías de panderetas e gaitas de fondo.


Para ver as fotografías pica neste enlace:


http://picasaweb.google.com/113749779346581708211/EducandoEnTuiPasoAPaso?authkey=Gv1sRgCNy3nsOJgdeTXg#

Primeiro roteiro poético Letras Galegas 2010



O domingo día 2 de maio de 2010 principiaron os roteiros poéticos no Concello de Tui, organizados pola Concellería de Educación e o CRA Mestra Clara Torres para recrear a obra e a vida de UXÍO NOVONEYRA. Este roteiro parte do Centro de Interpretación do Monte Aloia e remata na faia. Durante a andaina resolvéronse enigmas:


  • O nome de vexetación e árbores autóctonos

  • Cantas veces se salta o regato?

  • Localización de un carballiño pequerrechiño que está no altiño do regato.

  • As feridas da faia

  • O número de polas principais

  • Anos que podería ter a faia

Recreando ao poeta disfrutamos dos sons, fragancias, das paisaxes, da vexetación,...


Ao rematar o roteiro as persoas asistentes participaron na lectura de poemas do autor homenaxeado o día das Letras Galegas, UXÍO NOVONEYRA, poeta do Caurel.

Para poder ver as fotografías pica neste enlace;

http://picasaweb.google.com/concellotui

miércoles, 19 de mayo de 2010

ROTEIRO: A EMOCIÓN DA PEDRA


O DOMINGO DÍA 17 CELEBROUSE EN TUI O ROTEIRO POÉTICO: A EMOCIÓN DA PEDRA. TÓDALAS PERSOAS PARTICIPANTES DISFRUTARON DA ANDAINA E COÑECERON E RECREARON A UXÍO NOVONEYRA CON RECITAL DE POEMAS DO AUTOR E MUSICADOS POLO MESTRE DE MÚSICA DO CRA MESTRA CLARA TORRES, RAMIRO GARCÍA.

DURANTE O PERCORRIDO, OS PROTAGONISTAS, FORON QUEN DE RESOLVER OS ENIGMAS PROPOSTOS. RESULTOU UNHA ACTIVIDADE MOI ATRACTIVA PARA AS PERSOAS ADULTAS E PARA AS NENAS E NENOS.

martes, 11 de mayo de 2010

MARCHA VALENÇA-TUI, INTERFRONTEIRIZA, DOMINGO 23 DE MAIO

O DOMINGO 23 DE MAIO, AS 11 HORAS, TEREMOS UNHA MARCHA A PÉ, EN BICICLETA, PATÍNS,... DENDE A PONTE INTERNACIONAL EN VALENÇA ATA Á MARINA DE TUI. ALÍ PODEREMOS FACER UNHA PEQUENA TRAVESÍA NO CABO FRADERA OU EN PIRAGUA (PREVIO PAGO DE ALQUILER) ATA A PRAIA DAS AREEIRAS.
SERÁ NECESARIO A INSCRIPCIÓN PREVIA PARA PODER RESERVAR AS PIRAGUAS.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Concellería de Educación,Letras Galegas 2010, actividades o día 17 de maio

Para o día 17 de maio a Concellería de Educación e o CRA Mestra Clara Torres fan a seguintes propostas educativas para a cidadanía de Tui:
  • creación de cartas e poemas da amizade que serán expostas na Corredera nun panel.
  • exposición de ferramentas agrícolas.
  • declamación de poemas de UXÍO NOVONEYRA.
  • producións poéticas inéditas.

Alumnado dos centros educativos do Concello, animádevos a participar!

Cidadanía de Tui, participade!

3º roteiro poético Letras Galegas 2010


o Domingo 16 de maio ás 11 horas terá lugar o 3º roteiro poético das Letras Galegas que se centrará na EMOCIÓN DA PEDRA.Está organizado e promovido pola Concellería de Educación e o CRA Mestra Clara Torres. Se convida a cidadanía de Tui a participar. se sairá ás 11 horas dende o Arrabal para seguir polo Piñeiro, praza de Fromista, rúa San Telmo, praza da Misericordia, Catedral,...Recreando a UXÍO NOVONEYRA descubriremos a maxia e a emoción da pedra en Tui para que sempre forme parte dos nosos corazóns. durante o percorrido tentarase descubrir os seguintes enigmas:


  • escultura dunha virxe nunha edificación non relixiosa.

  • un arco conopial da época xudea nunha edificación non relixiosa.

  • dovelas dun arco románico nunha edificación non relixiosa.

  • dovelas con cabeza de carneiro na fachada lateral da catedral de Tui.

  • realización de un xogo: pasar dun lado a outro dun contraforte da catedral situado na praza da Misericordia sen caer.

  • significado do escudo de Tui e data do escudo máis antiguo.

As persoas participantes poderán realizar fotografías durante a andaina e expolas en Santo Domingo.

Teremos poemas do autor homenaxeado.

domingo, 9 de mayo de 2010