martes, 30 de noviembre de 2010

Este xoves entrega do premios do Certame Relación Home/Muller 100% positiva


Este xoves, 2 de decembro, ás 19h no Parador Nacional de Turismo “San Telmo” de Tui terá lugar a entrega de premios do Certame Fotográfico “Relación Home/Muller 100% positiva” convocado pola Concellería de Muller.




Este xoves entrega do premios do Certame Relación Home/Muller 100% positiva
Inés Salvado foi a gañadora do Concurso. Segundo foi José Luís Puértolas


A lista de gañadores deuse a coñecer o pasado xoves, 25 de novembro, na inauguración da exposición dos traballos participantes. O primeiro premio foi para Inés Salvado de Santiago de Compostela pola súa fotografía “Man a man”. O segundo premio na categoría de adultos correspondeu a Jose Luís Luque Puértolas, residente en Tui, por “O devalar do tempo” e o terceiro premio foi para a fotografía “Sementando igualdade” da viguesa Mª del Rosario Fernández Cabaleiro.


Na categoría de menores de 18 anos o primeiro premio foi para “Un brindis por toda unha vida” de Ana Fernández Piña e o segundo para “Tuiyo” de María Croques Gontad, ambas de Tui. Xa na categoría de centros escolares o primeiro premio foi para o IES San Paio seguido do CRA Mestra Clara Torres e do CEIP nº2.


A exposición destas fotografías pódese visitar ata este xoves na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.


1º Premio


viernes, 5 de noviembre de 2010