viernes, 16 de julio de 2010

Presentación do festival de Jazz

Festival de Jazz. 16,17 e 18 de Xullo

Venres: Actuación do combo de Jazz “Quenllazz” Horario: 20:30 a 22:00h

Sabado: Master Class de Jazz a cargo de Xan Campos(pianista). Horario: 10:00 a 13:30h no conservatorio de Tui Concerto a cabo de Xan Campos Group.Horario: 21:00 a 22:30h

Domingo: Concerto a cabo de alumnos da Master Class. Horario: 20:00 a 21:00h


Xan Campos Group é un trio formado por:

Xan Campos (piano)

Horacio García (contrabaixo)

Iago Fernández (bateria)

Enlace a Páxina do concello


miércoles, 14 de julio de 2010

Presentación do curso de Canto Coral


Martes, 13 de xullo de 2010. A sala de reunións do Concello de Tui vai acoller este xoves, 15 de xullo, ás 11.30h a presentación do Curso de Canto Coral que do 19 ao 31 deste mes vai impartir na cidade a Agrupación coral Camerata Ad Libitum.

A presentación correrá a cargo de Julio Domínguez, Director de Camera Ad Libitum, xunto a outros membros desta agrupación, acompañados polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, xunto aos concelleiros de Educación, Patricia Ricón, e Cultura, Moisés Rodríguez.

Asunto: Presentación do curso de Canto Coral

Lugar: Sala de reunións da Casa do Concello

Data: Xoves, 15 de xullo, ás 11.30h

Enlace a páxina do concello



viernes, 9 de julio de 2010

Prazas Libres Programa Termalismo Social Imserso En Laias Caldaria Hotel Balneario (4 Estrelas).

Prazas Libres Programa Termalismo Social Imserso En Laias Caldaria Hotel Balneario (4 Estrelas).

- Data: 11 al 22 de Agosto

- Réximen de aloxamento e pensión completa para 11 noites.

- Consulta médica.

- Tratamento termal 10 días.

- Actividades de animación tódo-los días (gimnasia, manualidades, xogos, excursións…)

Precio por persoa 11 noites: 438,86 euros

Persoas que poden optar ás prazas: persoas xubiladas que esten cobrando unha pensión.

Para máis información diríxanse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui o chamando ó teléfono 986603625 ext. 54.

jueves, 8 de julio de 2010

Recepción no Concello de nenos saharauís




O Alcalde Feliciano Fernández Rocha e a Concelleira de Educación, Servizos Sociais e Muller Patricia Ricón Alonso, déronlle a benvida ó Concello de Tui a tres nenos e unha nena saharauís no salón de plenos, ademais dun agasallo que consistiu nun paquete de contos. O Alcalde desexoulles unha feliz estancia, e preguntoulles que lles gustaba más de Tui, ó que os nenos contestaron que a piscina municipal. Dende o Concello de Tui felicitamos as catro familias acolledoras, porque sen elas non sería posible esta estancia dos nenos, e facemos extensible a nosa felicitación a coordinadora do proxecto en Tui..

Concellería de Servizos Sociais.