martes, 29 de junio de 2010

XXI Curso de Canto Coral

XXI Curso de Canto Coral: terá lugar nas instalacións do Conservatorio Municipal de Música de Tui, do 19 ao 31 de Xullo, incluindo un Obradoirao de Interpretación, con ensayos e concertos abertos; actividades previas de Dirección Coral; Coro Piloto; Canto, Técnica Vocal e DirecciónCoral, que organiza o Camerata ad Libitum., baixo a dirección do director e compositor galego Xulio Domínguez, co patrocinio das Concellerías de Educación e Cultura do Concello de Tui, e a colaboración da Escola Municipal de Música de Tui e o Conservatorio Profesional de Grao Medio de Tui e outras institucións. entidades locais , provinciais e autonómicas. Este curso, especialmente destinado a cantores e estudantes de canto, directores ou futuros directores de coro, profesores ou estudantes de música e todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou afondar no campo de Canto Coral. Será impartido por profesionais de contrastada experienciase prestixio internacional, como Xulio Domínguez, Tamara Brooks (USA), e Kevin Smith (U.K).

O mencionado Xulio Domínguez ven de impartir dous cursos relacionados coa coralística en dous importantes centros musicais de España: en maio un Obradoiro de Música Coral no Conservatorio Profesional de Música de Madrid e outro en xuño: de Dirección Coral (nivel medio-avanzado) no Conservatorio Superior de Música de Sevilla, coa colaboración de Universidades e o Coro de Cámara de Sevilla. Mais información e inscripcións: http://www.camerata.es

lunes, 21 de junio de 2010

Campamento Urbano. Concellería de Servizos Sociais

A Concellería de Servizos Sociais abre o prazo de inscripción para o Campamento Urbano, que se leva a cabo durante o mes de agosto. O prazo de inscripción comeza o día 23 de xuño e remata o 2 de xullo, no pavillón municipal, no horario de 9:30 horas a 14:00h.

Para a inscripción é necesario levar :

  • Fotocopia da cartilla sanitaria
  • Fotocopia DNI do neno/a ou libro de familia
  • Fotografía tamaño carnet.
  • 10 € da inscripción.

jueves, 17 de junio de 2010

Cheque Infantil. Consellería de educación, servicios sociais e muller

Normativa:

Orde do 9 de xuño de 2010 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos e se procede á súa convocatoria (DOG nº 111 de 14/06/2010).

Obxecto:

Axudas económicas para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.

Axudas:

Cobertura total ou parcial da praza adxudicada. Establecese o custo máximo da praza segundo o horario e servizos nas seguintes contías:

a) Praza ofertada durante 8 horas diarias: 130 €/mes.
b) Praza ofertada durante 8 horas diarias con servizo de comedor: 215 €/mes.
c) Praza ofertada en horario de tarde: 90 €/mes. Enténdese prazas con horario a partir das 15.00 horas durante catro horas.


Enlace a páxina do Concello de Tui (Cheque Infantil)

Concerto de Fin de Curso da Escola Municipal de Música de Tui e do Conservatorio Profesional de Músicia de Tui

Concerto de Fin de Curso da Escola Municipal de Música de Tui e do Conservatorio Profesional de Músicia de Tui

A Concellería de Educación , Servizos Sociais e Muller informa do Concerto de Fin de Curso da Escola Municipal de Música de Tui e do Conservatorio Profesional de Música de Tui, que terá lugar o próximo mércores 26 de Xuño as 20.30 hs no Teatro Municipal de Tui (Edificio Area Panorámica- rúa Colón, 2). As entradas poderanse retirar unha hora antes da actuación nas oficinas do teatro ou durante esta semana nas oficinas da Escola Municipal de Música Municipal e do Conservatorio Profesional de Músicia de Tui. A entrada será gratuita.

martes, 1 de junio de 2010

PRESENTACIÓN DE LIBROS

A Concelleria de Educación do Concello de Tui informa do acto que terá lugar o vindeiro venres, día 4 de Xuño ás 20:30 horas no Edificio Santo Domingo de Tui.

Presentación dos libros:

"No fío da navalla e outros poemas" de Modesto Hermida, Ed. Ir indo.
"Biografía de Xesús Alonso Montero", de Modesto Hermida, Edo. Ir indo.
"A abella abesullona", de Manuel Janeiro, Ed. Galaxia.

¡Contamos coa túa presenza!