jueves, 19 de agosto de 2010

Campamento Urbano “Érase unha vez un camiño..”


O Campamento Urbano “Érase unha vez un camiño..”, recorrerá mañá venres día 20 de agosto a zona monumental tudense pola que transcorre o Camiño Portugués a Santiago.

Un total de noventa nenos e nenas, que participan no campamento urbano 2010 que organiza a Concellería de Servizos Sociais de Tui, titulado”Érase unha vez un camiño..”, recorrerán mañá a zona monumental do tramo tudense do Camiño Portugués a Santiago para familiarizarse con el, a partir das 10.30 h .Ademais coñecerán a situación dos Albergues, e farán tamén unha visita o albergue temporal de Santo Domingo, alí serán recibidos pola Concelleira de Educación, Servizos Sociais e Muller, Patricia Ricón Alonso

miércoles, 11 de agosto de 2010

39 Edición do Descenso Internacional do río Miño e a XV edición da Copa Presidente de Galicia

O Descenso Internacional do Miño, terá comezo este próximo sábado día 14 de 2010 dende Salvaterra de Miño as 18:00 horas. Hay inscritas 354 ambarcacións dun total de 35 clubes, a meirande parte galegos, pero tamén os hai de Portugal e doutras rexións españolas, como Asturias, Navarra e Murcia.

lunes, 2 de agosto de 2010

Érase unha vez... Un Camiño - Campamento de Verán 2010

Concello de Tui – Concellería de Servizos Sociais.

O campamento ten como centro de interés o Camiño de Santiago. Por ese motivo durante tódalas actividades crearase un ambiente que recreará unha peregrinación e acercará ós alumnos ó coñecemento dos diferentes camiños así como a cultura que neles se pode coñecer.

Traballarase por grupos de idade, según o desarrollo evolutivo dos participantes. Utilizarase unha metodoloxía lúdica, dinámica e divertida na que se fomentará o traballo en equipo e a cooperación basada en todo momento no xogo e na diversión como método didáctico na que os nenos/as son os verdadeiros protagonistas.

Finalmente tomando como referente “O Camiño de Santiago” fomentarase a integración das actividades no campamento, a utilización das instalacións así como saidas polos recorridos mais próximos á cidade, nos que os participantes interactuarán en moitos momentos cos residentes da vila. Deste xeito os alumnos profundizarán en moitos aspectos seguramente descoñecidos do seu propio lugar de residencia.