miércoles, 14 de julio de 2010

Presentación do curso de Canto Coral


Martes, 13 de xullo de 2010. A sala de reunións do Concello de Tui vai acoller este xoves, 15 de xullo, ás 11.30h a presentación do Curso de Canto Coral que do 19 ao 31 deste mes vai impartir na cidade a Agrupación coral Camerata Ad Libitum.

A presentación correrá a cargo de Julio Domínguez, Director de Camera Ad Libitum, xunto a outros membros desta agrupación, acompañados polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, xunto aos concelleiros de Educación, Patricia Ricón, e Cultura, Moisés Rodríguez.

Asunto: Presentación do curso de Canto Coral

Lugar: Sala de reunións da Casa do Concello

Data: Xoves, 15 de xullo, ás 11.30h

Enlace a páxina do concello



No hay comentarios:

Publicar un comentario