viernes, 10 de septiembre de 2010

Programa Formativo de Alfabetización Informática da Fundación Galicia Emigración

A Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados do Concello de Tui informa da realización dun Programa Formativo de Alfabetización Informática da Fundación Galicia Emigración
A Fundación Galicia Emigración vai desenvolver un Programa Formativo de ALFABETIZACION INFORMÁTICA, onde participarán un total de 225 emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional.
DESCRICIÓN
Programa Formativo que capacita para o manexo dun ordenador, obtendo e procesando información e utilizando as funcións básicas do procesador de textos WORD XP.
BENEFICIARIOS: Emigrantes retornados e inmigrantes.
DURACION: A duración será de 25 horas lectivas, que desenvolveranse de luns a venres, 5 horas diarias.
CONTIDOS:
-Introducción. O Sistema Operativo. O Software e o Hardware. (4 h.)
-Primeiros pasos co WORD. (3 h.)
-Crear e gardar documentos. (4h.)
-Escribir, editar e dar formatos. (6 h.)
-Traballar con táboas e inserir documentos (4 horas).
-Combinar correspondencia e formularios (4 horas).

Concello de Tui (Concellería de Servicios Sociais)

No hay comentarios:

Publicar un comentario