viernes, 18 de marzo de 2011

Presentación de "As Muiñadas 2011"


Onte presentáronse no salón de plenos do Concello de Tui “As Muiñadas 2011”. Trátase dunha semana de auténticas muiñadas no entorno do río Tripes que terán como protagonistas aos escolares tudenses de primaria, unha vez mais participarán todos os centros de primaria do Concello . Mais de 400 nenos e nenas tudenses en horario lectivo farán: senderismo recorrendo a case totalidade dos muiños do tripes, verán funcionar varios muiños que estarán a moer a fariña de millo, despois aprenderán como se preparan as “papas” en directo e por último degustaranas. Actividade organizada pola Asociación de Muiñeiros do río Tripes e subvencionada pola Concellería de Educación. Colaboran os centros escolares de primaria e o Concello de Tui.
Na presentación compareceron ante os medios de comunicación o Alcalde Antonio Fernández Rocha, a Concelleira de Educación Patricia Ricón, e o Presidente da Asociación de Muiñeiros do río Tripes Alberto Romero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario