martes, 29 de junio de 2010

XXI Curso de Canto Coral

XXI Curso de Canto Coral: terá lugar nas instalacións do Conservatorio Municipal de Música de Tui, do 19 ao 31 de Xullo, incluindo un Obradoirao de Interpretación, con ensayos e concertos abertos; actividades previas de Dirección Coral; Coro Piloto; Canto, Técnica Vocal e DirecciónCoral, que organiza o Camerata ad Libitum., baixo a dirección do director e compositor galego Xulio Domínguez, co patrocinio das Concellerías de Educación e Cultura do Concello de Tui, e a colaboración da Escola Municipal de Música de Tui e o Conservatorio Profesional de Grao Medio de Tui e outras institucións. entidades locais , provinciais e autonómicas. Este curso, especialmente destinado a cantores e estudantes de canto, directores ou futuros directores de coro, profesores ou estudantes de música e todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou afondar no campo de Canto Coral. Será impartido por profesionais de contrastada experienciase prestixio internacional, como Xulio Domínguez, Tamara Brooks (USA), e Kevin Smith (U.K).

O mencionado Xulio Domínguez ven de impartir dous cursos relacionados coa coralística en dous importantes centros musicais de España: en maio un Obradoiro de Música Coral no Conservatorio Profesional de Música de Madrid e outro en xuño: de Dirección Coral (nivel medio-avanzado) no Conservatorio Superior de Música de Sevilla, coa colaboración de Universidades e o Coro de Cámara de Sevilla. Mais información e inscripcións: http://www.camerata.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario