jueves, 17 de junio de 2010

Cheque Infantil. Consellería de educación, servicios sociais e muller

Normativa:

Orde do 9 de xuño de 2010 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos e se procede á súa convocatoria (DOG nº 111 de 14/06/2010).

Obxecto:

Axudas económicas para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.

Axudas:

Cobertura total ou parcial da praza adxudicada. Establecese o custo máximo da praza segundo o horario e servizos nas seguintes contías:

a) Praza ofertada durante 8 horas diarias: 130 €/mes.
b) Praza ofertada durante 8 horas diarias con servizo de comedor: 215 €/mes.
c) Praza ofertada en horario de tarde: 90 €/mes. Enténdese prazas con horario a partir das 15.00 horas durante catro horas.


Enlace a páxina do Concello de Tui (Cheque Infantil)

No hay comentarios:

Publicar un comentario