lunes, 2 de agosto de 2010

Érase unha vez... Un Camiño - Campamento de Verán 2010

Concello de Tui – Concellería de Servizos Sociais.

O campamento ten como centro de interés o Camiño de Santiago. Por ese motivo durante tódalas actividades crearase un ambiente que recreará unha peregrinación e acercará ós alumnos ó coñecemento dos diferentes camiños así como a cultura que neles se pode coñecer.

Traballarase por grupos de idade, según o desarrollo evolutivo dos participantes. Utilizarase unha metodoloxía lúdica, dinámica e divertida na que se fomentará o traballo en equipo e a cooperación basada en todo momento no xogo e na diversión como método didáctico na que os nenos/as son os verdadeiros protagonistas.

Finalmente tomando como referente “O Camiño de Santiago” fomentarase a integración das actividades no campamento, a utilización das instalacións así como saidas polos recorridos mais próximos á cidade, nos que os participantes interactuarán en moitos momentos cos residentes da vila. Deste xeito os alumnos profundizarán en moitos aspectos seguramente descoñecidos do seu propio lugar de residencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario