jueves, 19 de agosto de 2010

Campamento Urbano “Érase unha vez un camiño..”


O Campamento Urbano “Érase unha vez un camiño..”, recorrerá mañá venres día 20 de agosto a zona monumental tudense pola que transcorre o Camiño Portugués a Santiago.

Un total de noventa nenos e nenas, que participan no campamento urbano 2010 que organiza a Concellería de Servizos Sociais de Tui, titulado”Érase unha vez un camiño..”, recorrerán mañá a zona monumental do tramo tudense do Camiño Portugués a Santiago para familiarizarse con el, a partir das 10.30 h .Ademais coñecerán a situación dos Albergues, e farán tamén unha visita o albergue temporal de Santo Domingo, alí serán recibidos pola Concelleira de Educación, Servizos Sociais e Muller, Patricia Ricón Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario