viernes, 27 de agosto de 2010
jueves, 19 de agosto de 2010
Campamento Urbano “Érase unha vez un camiño..”
O Campamento Urbano “Érase unha vez un camiño..”, recorrerá mañá venres día 20 de agosto a zona monumental tudense pola que transcorre o Camiño Portugués a Santiago.
Un total de noventa nenos e nenas, que participan no campamento urbano 2010 que organiza a Concellería de Servizos Sociais de Tui, titulado”Érase unha vez un camiño..”, recorrerán mañá a zona monumental do tramo tudense do Camiño Portugués a Santiago para familiarizarse con el, a partir das 10.30 h .Ademais coñecerán a situación dos Albergues, e farán tamén unha visita o albergue temporal de Santo Domingo, alí serán recibidos pola Concelleira de Educación, Servizos Sociais e Muller,
miércoles, 11 de agosto de 2010
39 Edición do Descenso Internacional do río Miño e a XV edición da Copa Presidente de Galicia
O Descenso Internacional do Miño, terá comezo este próximo sábado día 14 de 2010 dende Salvaterra de Miño as 18:00 horas. Hay inscritas 354 ambarcacións dun total de 35 clubes, a meirande parte galegos, pero tamén os hai de Portugal e doutras rexións españolas, como Asturias, Navarra e Murcia.
lunes, 2 de agosto de 2010
Érase unha vez... Un Camiño - Campamento de Verán 2010

Concello de Tui – Concellería de Servizos Sociais.
O campamento ten como centro de interés o Camiño de Santiago. Por ese motivo durante tódalas actividades crearase un ambiente que recreará unha peregrinación e acercará ós alumnos ó coñecemento dos diferentes camiños así como a cultura que neles se pode coñecer.
Traballarase por grupos de idade, según o desarrollo evolutivo dos participantes. Utilizarase unha metodoloxía lúdica, dinámica e divertida na que se fomentará o traballo en equipo e a cooperación basada en todo momento no xogo e na diversión como método didáctico na que os nenos/as son os verdadeiros protagonistas.
Finalmente tomando como referente “O Camiño de Santiago” fomentarase a integración das actividades no campamento, a utilización das instalacións así como saidas polos recorridos mais próximos á cidade, nos que os participantes interactuarán en moitos momentos cos residentes da vila. Deste xeito os alumnos profundizarán en moitos aspectos seguramente descoñecidos do seu propio lugar de residencia.
viernes, 16 de julio de 2010
Presentación do festival de Jazz
Festival de Jazz. 16,17 e 18 de Xullo
Venres: Actuación do combo de Jazz “Quenllazz” Horario: 20:30 a 22:00h
Sabado: Master Class de Jazz a cargo de Xan Campos(pianista). Horario: 10:00 a 13:30h no conservatorio de Tui Concerto a cabo de Xan Campos Group.Horario: 21:00 a 22:30h
Domingo: Concerto a cabo de alumnos da Master Class. Horario: 20:00 a 21:00h
Xan Campos Group é un trio formado por:
Xan Campos (piano)
Horacio García (contrabaixo)
Iago Fernández (bateria)
miércoles, 14 de julio de 2010
Presentación do curso de Canto Coral
Martes, 13 de xullo de
A presentación correrá a cargo de
Asunto: Presentación do curso de Canto Coral
Lugar: Sala de reunións da Casa do Concello
Data: Xoves, 15 de xullo, ás 11.30h
viernes, 9 de julio de 2010
Prazas Libres Programa Termalismo Social Imserso En Laias Caldaria Hotel Balneario (4 Estrelas).
Prazas Libres Programa Termalismo Social Imserso En Laias Caldaria Hotel Balneario (4 Estrelas).
- Data: 11 al 22 de Agosto
- Réximen de aloxamento e pensión completa para 11 noites.
- Consulta médica.
- Tratamento termal 10 días.
- Actividades de animación tódo-los días (gimnasia, manualidades, xogos, excursións…)
Precio por persoa 11 noites: 438,86 euros
Persoas que poden optar ás prazas: persoas xubiladas que esten cobrando unha pensión.
Para máis información diríxanse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui o chamando ó teléfono 986603625 ext. 54.